Iníciase un curso para a mellora das competencias dos directivos públicos locais

Unha trintena de funcionarios públicos asisten dende onte a un curso para obter o diploma de 'Directivo de Empregados Públicos Locais'. Unha iniciativa pioneira en Galicia posta en marcha gracias ó acordo de colaboración entre a Deputación de Pontevedra, a Universidade de Vigo e a Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP).

As clases correrán a cargo de docentes das universidades de Vigo, Santiago, País Vasco e Pompeu Fabra (en Barcelona). O curso conta con 300 horas lectivas (150 presenciais e 150 online) e durará ata novembro de 2012.

Os participantes neste curso, coordinado polos profesores No que respecta ós participantes son funcionarios dos grupos A-1 e A-2. O obxectivo é mellorar a capacitación das persoas que desempeñan postos de resposabilidade directiva na Deputación e nos concellos da provincia.

Na presentación deste curso a deputada provincial Begoña Estévez destacou o carácter multidisciplinar desta formación xa que ''a crise obriga a solucións innovadoras que permitan manter niveis de calidade e máis eficiencia nos servizos públicos. A racionalización da Administración conducirá a cambios estruturais nos que se requerirá personal formado e cualificado, con capacidade interdisciplinar e traballo en equipo''.

Ademais, indicou que a Deputación xa desenvolve cursos de Profesores de diferentes universidades de España impartirán docencia neste curso organizado pola Deputación en colaboración coa Universidade de Vigo e o Egapformación e este que se acaba de poñer en marcha non fai máis que afondar nesa labor de mellora das competencias.

Contido

O curso estrutúrase en 10 módulos temáticos sobre: Políticas Públicas locais; Organización e xestión de recursos humanos na Administración Local e estratexias de cambio; Márketing de servizos públicos locais; Planificación estratéxica e control de xestión; Avaliación de calidade; Dirección económico-financieira e xestión de recursos humanos; Administración Electrónica; Planes de mellora de xestión, e Capacidade de liderazgo e habilidades directivas. Ó seu remate, os alumnos elaborarán un Plan Estratéxico do seu ámbito de xestión e obterán un Diploma de Directivo de empregados públicos de entidades locais

Comentarios