A IV Pedalada promoverá o uso da bicicleta como modo de transporte

PONTEVEDRA. A cidade capitalina acollerá o vindeiro domingo a cuarta edición da Pedalada que vén organizando o Concello e que, nesta ocasión, abogará por promover o uso da bicicleta, non só para os momentos de ocio, senón como modo de transporte habitual.

Organizada pola Concellería de Mobilidade, que dirixe Luís Bará, e coordinada polos colectivos que participan na Mesa da Bicicleta, a ‘Pedalada’ sairá ás 11.00 horas do Paseo de Montero Ríos; concretamente, dende as ruínas de San Domingos, que tamén serán escenario da ‘meta’ desta volta.

O percorrido terá unha extensión de seis quilómetros que abranguerá a Alameda, a avenida de Marín (ata o novo enlace de Celulosas), Manuel del Palacio, Fernández Ladreda, Avenida de Vigo, Sagasta, Joaquín Costa, 12 de Novembro, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Michelena e Praza de España.

A duración dependerá do ritmo e das condicións físicas dos participantes, aínda que os amateurs poden pedalear ben tranquilos. A organización non fixou unha hora límite para completar o circuíto, no que se prevé a participación de ciclistas de todas as idades.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios