Louro decreta a situación "de alta debilidade" no sector inmobiliario

O tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, fixo onte balance das licenzas concedidas en 2012, pouco máis de 230. As conclusións non se fixeron esperar e, como se prevía dende o outro lado da barreira, viñeron confirmar a nefasta situación pola que atravesan promotores, construtoras e inmobiliarias. En Pontevedra constrúese pouco e a ritmo moi lento.

En comparación co ano 2011, as cifras son algo alentadoras, posto que o Concello pasou de expedir 128 permisos para construír vivendas a un total de 233. Porén, cando se comparan cos balances de hai catro ou cinco anos é cando se disparan as alarmas. «Entón concedíanse entre 1.000 e 1.200», lembrou o socialista.

A Louro non lle quedou outro remedio que decretar a situación «de alta debilidade no sector inmobiliario » e faino co agravante de que aínda non vislumbra recuperación no horizonte. «As previsións para o 2013 non son boas», engadiu.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios