domingo. 24.10.2021 |
El tiempo
domingo. 24.10.2021
El tiempo

A masificación obriga a radiar de noite a enfermos de cancro

PONTEVEDRA. A masificación do Hospital Meixoeiro de Vigo, que é o centro de referencia para a Radioterapia para pacientes que vivan no Sur de Galicia, está a obrigar ós servizos médicos a radiar ós enfermos de cancro en horario nocturno. Pacientes da cidade de Pontevedra, que se teñen que desprazar ata a cidade olívica para completar os seus tratamentos para loitar contra esta patoloxía, quéixanse das situacións «inhumanas» que están a vivir por mór dos recortes e da política sanitaria da Xunta de Galicia.

«Chegáronnos a dar cita para as tres da mañá», asegura unha afectada de Pontevedra en referencia á situación á que se enfrontou un familiar. A fonte consultada por este periódico, que prefire manter o anonimato, considera que o sistema público galego está a tratar «como lixo» a este tipo de pacientes.

«Están radiando pola noito. Dinche que vaias ás tres da mañá. Logo chámante de volta e che piden que vaias ás 22.30 horas para logo, noutra xornada, atenderte ás 00.00 horas. O outro día chegamos ás catro da mañá de Vigo», explica a mesma informadora, que critica os horarios ós que tamén se espoñen as persoas maiores. «Tamén cómpre dicir que houbo xornadas nas que se interrumpiron os tratamentos porque se suspenderon as sesións de radioterapia», engadiu.

Sen hospital único

O PSOE elevou a semana pasada ó debate parlamentario o debate sobre a suspensión dos tratamentos de varios cancros na provincia de Pontevedra. Os socialistas, que se fixeron eco da saturación e constantes avarías dos aparatos tecnolóxicos utilizados para asistir ós enfermos, recriminou a falta de previsión da Consellería de Sanidade neste aspecto.

Na actualiadade, os pacientes do Norte da provincia de Pontevedra que precisen ser radiados teñen que acudir ó Hospital Meixoeiro, situado en Vigo. O Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) non conta cun servizo específico para dar resposta a estes pacientes, unha unidade que si se contempla no futuro hospital único, un proxecto paralizado pola crise económica e no que existe grande controversia polo modelo de colaboración público-privada polo que aposta a Xunta de Galicia para a súa posta en marcha. A entrada de capital privado na construción da infraestrutura sanitaria enfronta actualmente a Goberno galego e Concello de Pontevedra. Colectivos como Defensa da Sanidade Pública sosteñen que a fórmula autonómica supón un gasto excesivo e, segundo a súa opinión, é o paso previo á privatización da atención sanitaria na comunidade galega.

O anterior plan para a unificación dos dous centros que compoñen o CHOP, que apostaba pola ampliación do Hospital Montecelo, non contemplaba a dotación dun servizo de Radioterapia.

O PSOE denunciou a interrupción da asistencia polas avarías e a saturación do servizo no centro sanitario vigués

A masificación obriga a radiar de noite a enfermos de cancro
Comentarios
ç