Monte Porreiro reborda actividade no Nadal

Bará (esquerda) e Lores (ao seu carón) visitando onte a ludoteca de Monte Porreiro. javier cervera-mercadillo
photo_camera Bará (esquerda) e Lores (ao seu carón) visitando onte a ludoteca de Monte Porreiro. javier cervera-mercadillo

PONTEVEDRA. Monte Porreiro, o barrio máis populoso de Pontevedra, vive estes días unhas xornadas especialmente activas por mor do Nadal. Un dos motivos é a ludoteca que se desenvolve no centro cultural, na que participan 40 nenos e nenas de idades comprendidas entre os tres e os dez anos. É a primeria vez que se celebra no barrio e ten como obxectivo ofrecer unha alternativa de lecer na que se mesturan xogos, obradoiros ou animación á lectura.

Leva funcionando dende o 23 de decembro e onte recibiu unha visita moi especial: a do alcalde e o concelleiro Luís Bará, que quixeron comprobar ‘in situ’ o resultado da iniciativa. Os políticos estiveron acompañados polo grupo de animación á lectura Picapau, representantes da asociación de veciños O Mirador e membros das anpas de dos colexios Fina Casalderrey e Marcos da Portela.

A visita incluíu unha parada na sala de informática, recentemente equipada, e unha breve reunión cos axentes sociais, na que se falou do uso que se lle está a dar ás instalacións da antiga escola taller de Monte Porreiro co desenvolvemento do proxecto Recicletas.

A expedición concluíu no parque do Miradoiro, onde o Concello acaba de executar varias obras de mellora valoradas en 8.655 euros.

Comentarios