A Moureira véstese de gala para o Viático

Xoán Hermida y Esteban Rey presentaron ayer el lema y los objetivos de la campaña de Marea.
photo_camera Xoán Hermida y Esteban Rey presentaron ayer el lema y los objetivos de la campaña de Marea.

Algunhas das rúas da Moureira presentaron hoxe o seu mellor aspecto. Os veciños confeccionaron durante a noite as fermosas alfombras florais que engalanaron parte do trazado polo discurriu a procesión do Viático, unha vella tradición que mantén o Gremio de Mareantes en colaboración coa parroquia de Santa María a Maior, coa que os enfermos e impedidos do barrio mariñeiro reciben a Comunión nos seus domicilios.

A comitiva saíu da Real Basílica de Santa María pola porta da fachada principal, trala misa que oficiou Javier Porro ás 9.00 horas. O párroco portou o Sagrado Sacramento baixo un palio portado por membros da entidade gremial que preside José Luis Arellano.

A primeira parada para dar a comunión tuvo lugar no Sanatorio de San María, desde onde o cortexo saíu cara ao Campiño, Xan Guillerme, Xofre de Tenorio, Pardo Bazán, Alfredo García Alén, Herreros, General Marquitegui, Afonso XIII, paseo de Colón, Monteleón, Almirante Matos, Pedro Mariño de Lobeira, Campo da Torre, Travesía de Juan Villaverde, Irmáns Nodal e capela de San Roque.

Na procesión participaron, entre outros, o comandante director da Escuela Naval Militar de Marín, Juan Luis Sobrino Pérez-Crespo, e o piquete de honra de gardamarinas e a Banda de Música deste centro castrense, ademais dos membros do Gremio de Mareantes e representantes de todas as confrarías penitenciais da cidade que participaron nos actos relixiosos que se desenvolveron en Semana Santa.

Comentarios