A Noite Pirata terá máis contidos no vindeiro Entroido

PONTEVEDRA. Tralo éxito rotundo da primeira Noite Pirata, a Concellería de Festas conta con manter e reforzar este evento de cara ao próximo Entroido.

Así, o ano que vén a Noite Pirata estenderase durante o día a petición tanto de grupos organizados como de persoas a título individual e hostaleiros, segundo explicou onte a concelleira Carme da Silva.

Enterrado o Ravachol, o Concello prepara xa o Entroido de 2013, cunha edición especial arredor do paxaro, xa que se celebrará o centenario da súa morte.

A edición deste ano caracterizouse, segundo a concelleira Carme da Silva, por unha «alta participación» tanto de grupos como de espectadores. A edil amosouse onte «satisfeita» porque os índices de implicación no Entroido superaron os de anos anteriores. «O pregón tivo máis xente ca nunca, tanto que mesmo pensamos nun cambio de emprazamento; e no desfile tivemos que cortar por primeira vez a Ponte dos Tirantes e a rúa Alexandre Bóveda para colocar os participantes».

(Más información na nosa edición impresa do martes, 28 de febreiro)

Comentarios