O Areeiro recomenda actuar contra os patóxenos desta época

Os profesionais da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, entidade dependente da Deputación, recomendan aos agricultores tomar unha serie de medidas preventivas para evitar daños nos frutais e outras especies. Para o tratamento do boj, que nesta época vese afectado por un patóxeno que deixa manchas circulares de cor aceitosos nas follas e líneas negras nos tallos, aconsellan, por exemplo, eliminar as follas secas que se vaian desprendendo. Ademais, no caso de que a sexa regada por un sistema de rego, recomendan que sexa por goteo, ''nunca por aspersión''.

Para combatir os fungos que afectan aos froitos de diversos cítricos causando unha pudrición marrón e a caída da froita, a Estación do Areeiro aconsella retirar e eliminar todos os froitos afectados, ''tanto os que se atopan na árobre como os caídos ao chan''. Á parte, de haber presencia de mosca blanca nas follas, propoñen aplicar insecticidas como aceite de parafina, clorpirifos o piribaden, ''mollando moi ben o envés das follas''.

En canto á poda de frutais que están a realizar moitos dos agricutores, os mesmos expertos suxiren aplicar un novo tratamento de cobre para reducir as posibilidades de que os exemplares enfermen, sobre todo no caso do kiwi.

Comentarios