O Concello pide permiso á Xunta para instalar 'lombos' en Rosalía de Castro

PONTEVEDRA. Visto que o Executivo galego non dá acometido a reforma solicitada polo Goberno local nin dá paso á cesión do vial, o Concello pediralle permiso para instalar ‘lombos’ e mellorar a accesibilidade no tramo de Rosalía de Castro que é de titularidade autonómica, emprazado entre a rotonda de Fernández Ladreda e a Casa do Mar.

As obras, que apenas sobrepasarían os 12.000 euros de custe, comprenderían a colocación de badéns nos pasos peonís e a eliminación das barreiras arquitectónicas, ademais do arranxo das beirarrúas que interrompen o desprazamento dos transeúntes. Todo isto co propósito de mellorar a seguridade viaria e evitar incidentes como os atropelos acaecidos nos últimos anos. «O respecto pola velocidade non é o que debería ser e hai centros próximos, como o colexio de Salvador Moreno ou a Casa do Mar que precisan reforzar a seguridade. De feito, hai presentadas máis de cen firmas dos pais do centro escolar que reclaman melloras, pero segundo trascendeu a semana pasada no Parlamento, vese que a Xunta non vai actuar», explicou onte o concelleiro de Infraestruturas, Cesáreo Mosquera.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios