O emprendemento chama á porta das industrias culturais do futuro

PONTEVEDRA. «O audiovisual tal e como o entendiamos ata agora fracasou, xa non dá máis de si». Ese é a diagnose que levou a Adolfo Ponte a poñer en marcha, xunto con Roberto Morlán, a empresa Innoav, unha iniciativa emprendedora adicada a abrir novas saídas creativas dentro deste sector tan complexo. A súa experiencia foi relatada onte na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no marco das Xornadas de Emprendemento nas Industrias Culturais, organizadas pola Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria coa colaboración da Universidade de Vigo.

O ciclo, que buscaba dar a coñecer e poñer en valor no eido académico o emprendemento vencellado á produción audiovisual, a comunicación, a publicidade e o turismo, contou coa asistencia de María Amparo González Méndez, directora xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo; Javier Alonso, director da Fundación Illa de San Simón, que pronunciou a conferencia inaugural; a vicerreitora do campus, Antonia Blanco, e o decano da facultade de Ciencias Sociais, Juan Manuel Corbacho.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios