O Museo énchese de xoguetes no Nadal

Tempo de Nadal é inexorablemente tempo de xoguetes. O Museo de Pontevedra aproveitará estas datas de lecer para adicarlle a súa gran exposición de final de ano precisamente á historia do xoguete español.

O Edificio Sarmiento acollerá dende o venres, 12 de decembro, parte da colección Quiroga-Montes. Unha mostra reunirá bonecos e xogos infantís desde 1880 ata a 1980. ‘O xoguete español. Un século de historia’ poderase visitar ata o 8 de febreiro.

"Na exposición, o visitante non só poderá coñecer á evolución dos elementos de entretemento dos nenos e nenas ao longo do tempo, senón que tamén permitirá un achegamento a unha parte da historia contemporánea de España, dado que o mundo do xogo está estreitamente vinculado aos cambios sociais, económicos, técnicos, culturais e incluso políticos das diferentes fases históricas", explica o Museo Provincial.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios