O Museo mantén o listón cun balance de case 100.000 visitas durante 2014

A exposición sobre o Antigo Exipto celebrada no Museo. L. castro / Arquivo
photo_camera A exposición sobre o Antigo Exipto celebrada no Museo. L. castro / Arquivo

Un total de 94.468 personas visitaron as dependencias do Museo de Pontevedra durante o ano pasado, a pesar de que algúns dos seus máis emblemáticos espazos permaneceron pechados ao público.

As Ruínas de Santo Domingo, que recibiron 30.000 visitantes en 2013, pecharon ao público todo o ano por mor de tarefas de conservación e rehabilitación patrimonial do singular conxunto histórico. Pola súa banda, os edificios Castro Monteagudo e García Flórez, situados na céntrica Praza da Leña de Pontevedra e que recibiron 36.000 visitantes en 2013, están pechados dende o pasado mes de xuño, tamén para acometer traballos de mellora.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios