O Sendeiro das fontes de Xeve recupera tres lavadoiros antigos

PONTEVEDRA. A recuperación e posta en valor do patrimonio etnográfico e cultural das 15 parroquias que constitúen o rural pontevedrés é un obxectivo prioritario para o Concello. Nesta líña de actuación se enmarcan os traballos que inicia hoxe, consistente no desenvolvemento dun plan de tratamento e recuperación integral de fontes e lavadoiros de San Andrés de Xeve.

O proxecto, que comeza con traballos de roza da maleza que cubre o contorno dos lavadoiros, supón un investimento total que non superará os 4.000 euros, segundo as previsións do concelleiro delegado da parroquia de San Andrés de Xeve, Demetrio Gómez Junquera.

O edil nacionalista explica que se trata dun programa de acondicionamento, limpeza e reparación de dous lavadoiros e dunha fonte que se atopan no denominado Sendeiro das fontes e que están nun mal estado de conservación.

(Máis información na nosa edición impresa do luns, 9 de xaneiro)

Comentarios