Os nenos despiden o encontro da Unesco

Diario de Pontevedra reunió el martes pasado a Lupe Murillo, Iago Barbeito, Rafael Outeiral, y Cándido Iglesias en un café de redacción para que valoraran su experiencia y su visión de la industria en la comarca de Pontevedra.
photo_camera Diario de Pontevedra reunió el martes pasado a Lupe Murillo, Iago Barbeito, Rafael Outeiral, y Cándido Iglesias en un café de redacción para que valoraran su experiencia y su visión de la industria en la comarca de Pontevedra.

PONTEVEDRA. O V Encontro da Rede Galega de Escolas Asociadas á Unesco rematou como empezou: co protagonismo indiscutible dos máis pequenos.

Unha representación do alumnado dos nove centros pontevedreses presentes no acto (Vidal Portela, San Benito de Lérez, Isidora Riestra, Pazo da Mercé, Campolongo, Cabanas, Marcos da Portela, Luis Seoane e Pedra da Auga) demostraron ante os seus pais, nais e compañeiros de estudos algunhas das cousas que aprenderon nestas tres xornadas de actividades e convivencia.

Como un dos obxectivos deste programa da Unesco é fomentar o entendemento doutras culturas, os nenos tiveron a oportunidade de coñecer algunhas palabras noutros idiomas, que pronunciaron sen medo ante o micrófono: xaponés, ruso, árabe, finlandés... Os aplausos dos alí presentes deron paso a unha actuación do grupo de percusión, que demostrou unha vez máis que a música é a linguaxe universal.

As conclusións dos propios alumnos sobre o encontro e as súas cancións precederon ás palabras do alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, que clausurou o acto defendendo a cidade como un lugar onde «a única limitación é o respecto aos demais». «Os nenos deben ter o seu propio criterio a través das súas experiencias», defendeu o rexedor municipal.

Comentarios