Lunes. 27.05.2019 |
El tiempo
Lunes. 27.05.2019
El tiempo

''Os xornalistas tamén estamos para isto, para ser útiles''

a xornalista Noemí Alonso (As Nogais, Lugo, 1988), que actualmente realiza prácticas na delegación de Radio Nacional de España (RNE) en Pontevedra, vén de gañar o Premio Periodista Joven sobre Violencia de Género 2014, convocado polo Instituto de la Juventud. Recibiuno por unha reportaxe sobre o programa SOS VICS emitido polo programa Europa Abierta o 8 de outubro, que aínda se pode escoitar na web do programa de RNE. A peza recolle o que fai a plataforma ‘Speak Out for Support’, que traballa para facilitar a asistencia de intérpretes ás vítimas estranxeiras de violencia de xénero. Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela, Alonso, que pronto cumprirá dous anos en Pontevedra e tamén é apicultora, dálle valor ao premio «na medida en que serve para dar a coñecer ese proxecto máis alá dos ámbitos universitarios e administrativos».

Como realizou a reportaxe?

A reportaxe foi o primeiro traballo que fixen para o programa Europa Abierta. Estaba buscando temas relacionados con Europa que tiveran cabida nel e dei cun teletipo que informaba dun congreso en Vigo de SOS VICS. Trátase dun grupo de investigadores da Universidade de Vigo que coordina un traballo sobre a necesidade que hai de formar intérpretes especializados en violencia de xénero. A través deste proxecto detectouse que hai un gran número de mulleres estranxeiras vítimas de malos tratos en Galicia e en España que, ao non manexarse ben co idioma, non poden acceder de maneira igualitaria aos recursos que ten o sistema para axudalas: dende a sanidade ata a atención psicolóxica e a seguridade.

Na reportaxe fala con distintos especialistas e con mulleres maltratadas para axudar a visibilizar esta cuestión.

Neste caso aparecen a coordinadora da Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo, Rosa Fontaíña, e Ana Bella, unha muller que sufriu malos tratos e a raíz diso creou unha fundación co seu nome en Andalucía para axudar a outras mulleres...

Consiga AQUÍ la información completa

''Os xornalistas tamén estamos para isto, para ser útiles''
Comentarios