A parroquia de Campolongo expón ao culto unha imaxe de San Juan Pablo II

Casimiro Fernández bendecindo a imaxe do ‘papa viaxeiro’, onte. fariña
photo_camera Casimiro Fernández bendecindo a imaxe do ‘papa viaxeiro’, onte. fariña

O ‘papa viaxeiro’, Juan Pablo II (1920-2005), xa é santo. Onte foi canonizado nunha multitudinaria cerimonia que se desenvolveu no Vaticano. Pontevedra viviu a solemnidade dun xeito moi especial, coa bendición e entronización, na parroquia de San Xosé de Campolongo, dunha imaxe de Karol Wojtyla, quen dirixiu a Igrexa católica entre 1978 y 2005.

Numerosos fregueses asistiron ao acto que se desenvolveu antes da misa que se oficiou ás 12.30 horas, no que o párroco, Casimiro Fernández, bendixo a talla policromada que representa a Juan Pablo II, que poucos minutos antes xa fora elevado aos altares en Roma, xunto ao tamén santo pai Juan XXIII.

Trala bendición, a figura relixiosa recibiu o culto dos devotos, que colocaron aos seus pés uns cirios encendidos. O acto estivo cargado de emotividade, que aumentou cando na pantalla xigante instalada no templo saíron imaxes de Juan Pablo II e se escoitaron as súas palabras.

veneración. O párroco Casimiro Fernández explica que «a partir del mometo en que se canoniza un santo toda la Iglesia Universal puede darle culto. Se puede venerar en todo momento y en cualquier iglesia».

A figura está situada nun lateral do templo. Trátase dunha imaxe relixiosa, a tamaño real, de Juan Pablo II, deseñada por unha empresa italiana. De fibra de vidrio, ten unha altura de 1,82 metros e pesa 50 quilos.

«Es una talla muy ligera y manejable, por lo que esperamos poder sacarla algún día en procesión», recalca o crego, que entregou aos fregueses unha estampa do papa polaco cunha poesía.

Comentarios