Pedaladas na lembranza do ciclista Cristóbal Hermida

O Concello de Pontevedra colaborará coa Marcha en homenaxe a Cristóbal Hermida Freire, presidente do Club de ciclismo de Bueu, falecido o pasado 3 de xaneiro na autovía de Marín. O concelleiro responsable da mobilidade ciclista no concello, Miguel Filgueira explicou que o Concello «quere apoiar estas iniciativas porque dende o Concello traballamos por facer unha cidade para peóns, e tamén para ciclistas».

Na presentación da marcha estiveron presentes Manuel Torres, de Masa Crítica, e Pablo Ríos, monitor deportivo do Concello de Bueu que está a organizar esta marcha. A marcha sairá ás 10.00 horas dende a praza do Concello de Bueu recollendo unha sinatura de firmas solicitando un cambio normativo na Lei viaria, polo que o colectivo mantén contactos con Stop accidentes.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios