A Peregrina celebra a súa declaración como Ben de Interese Cultural

Aínda que foi un dos máis curtos do inverno, o deste venres foi o día grande do santuario da Peregrina. Políticos, ex concelleiros, veciños e axentes sociais concentráronse nas súas portas para celebrar a declaración de Ben de Interese Cultural que concedeu hai uns meses a Xunta de Galicia, tras varios intentos fallidos de anteriores corporacións municipais.

Un cuarteto de vento foi o encargado de dar o pistoletazo de saída ao festexo, acompañado polo repicar das campás. O concelleiro do Centro Histórico, Luís Bará, foi o seguinte en comparecer ante os altoparlantes e, como agardaba o público presente, para botar flores ''a un lugar de paso que ten miles de anos de historia''.

De inmediato chegou a quenda da intervención do vicepresidente da confraría Virxe da Peregrina, José Vidal, cuxas primerias verbas foron para agradecer a labor do Concello na consecución da declaración e mostrar ''a meirande ledicia'' da confradía por tal feito.

(Máis información na nosa edición impresa do 24 de decembro).

Comentarios