A Policía Local persegue a un condutor bébedo polo centro

Imaxe dun vehículo danado na rúa Perfecto Feijoo. david freire
photo_camera Imaxe dun vehículo danado na rúa Perfecto Feijoo. david freire

PONTEVEDRA. Un condutor bébedo protagonizou hoxe unha fuxida co seu vehículo polo centro da cidade. A Policía Local de Pontevedra interceptou ó suxeito en Javier Puig despois de que este tratara de darlle esquinazo ós axentes dende Domingo Fontán.

Durante a súa fuxida, o individuo danou varios vehículos estacionados na rúa Perfecto Feijoo (ver fotografía). Segundo confirmaron fontes do corpo policial, o condutor (de 43 anos) deu positivo na proba de alcolemia, cun resultado de 0,90 miligramos de alcol por aire expirado, cando o límite legal se sitúa en 0,25. Ó home, que ó parecer conducía un Ford Focus, impútaselle un presunto delito contra a seguridade vial.

Cortes de tráfico

As obras de rehabilitación integral da rúa Santa Clara virán acompañadas de novos cortes de tráfico. Así o adiantaron onte responsables da Policía Local de Pontevedra, que informaron de que ó longo desta semana se procederá ó peche de Perfecto Feijoo, polo que non será posible o acceso á Praza de Barcelos e a San Antoniño a través deste vial. Esta circunstancia, sobre todo en horario de tarde, podería provocar atascos na zona. Por este motivo, os axentes recomendan evitar o acceso ó centro da cidade, especialmente por Padre Gaite.

Comentarios