PontedeTapas regresa ós bares co atractivo dunha viaxe a Punta Cana

PONTEVEDRA. O popular concurso gastronómico ‘PontedeTapas’ volve ós establecementos hosteleiros da cidade co fin de manter e mesmo superar o éxito da última edición. Dende hoxe e ata o vindeiro domingo 3 de xuño os cidadáns poderán probar as 53 tapas que competirán nesta edición, a un prezo de 1,50 euros, e votar pola súa favorita.

Unha das novidades máis atractivas para o público está no apartado de premios, que incrementa tanto o seu número, e chega a quince, coma a súa importancia. Os tres principais son sendas viaxes para dúas persoas de oito días de duración a Punta Cana, Madeira e Tenerife, respectivamente.


Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios