Pontevedra aínda espera a Felipe VI

La hembra y las dos crías de cisne.
photo_camera La hembra y las dos crías de cisne.

A coroación de Felipe de Borbón como novo rei de España terá consecuencias prácticas na vida política pontevedresa. A normativa estatal obriga a todas as entidades locais a instalar unha efixie do monarca nun lugar «preferente» no salón onde se realicen os plenos. O Concello de Pontevedra xa solicitou ó Ministerio de Hacienda e Administracións Públicas ata seis imaxes oficiais de Felipe VI de distintos tamaños pero, polo de agora, as reproducións aínda non chegaron á cidade.

«Nós o retrato pedímolo, ademais, do mesmo tamaño (297 por 420 milímetros, equivalente a un DIN A3) que o que tiñamos. A poder ser que no lo envíen a óleo, aínda que non sei se lles dará tempo a facer tantos», explicou onte o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que, a pesares de non apoiar a monarquía como sistema político, amosou o seu respecto ante as obrigas protocolarias que fixa a lei.

A situación á que se enfronta o Goberno capitalino afecta tamén ó resto de concellos da comarca, que precisan unha imaxe de Felipe VI para evitar que os asuntos que se aproben en Pleno poidan ser impugnados. Por este motivo, as corporacións locais barallan empregar unha fotografía ou copia do novo rei para sacar adiante proxectos, iniciativas e outros asuntos da vida política cotiá.

No caso da sesión do vindeiro luns, os membros da Corporación de Pontevedra non sometarán a voto asuntos de especial relevancia administrativa, senón que o debate xirará arredor de dez mocións de apoio a distintas causas sociais como, por exemplo, peticións de indulto diante do Ministerio de Justicia para as pontevedresas condenadas a tres anos de cárcere por verquer pintura nunha piscina no transcurso dunha folga.

A mesma estratexia que o Concello seguirá a Deputación, cuxo salón plenario está presidido por un cadro de gran tamaño do antigo monarca, Juan Carlos I. Responsables da institución que preside Rafael Louzán confirmaron onte que as imaxes oficiais do novo rei xa lle foron solicitadas ó Ministerio de Montoro. «Los plenos tienen que celebrarse necesariamente bajo la bandera de España y la imagen del rey. Como todavía no la hemos recibido, emplearemos una foto nueva para salir del paso», explicaron voceiros da entidade.

Comentarios