Pontevedra 'saca peito' dos seus cinco premios extraordinarios da Xunta

A Consellería de Educación recoñeceu recentemente a cinco estudantes de Bacharelato de centros de ensino da cidade con cinco premios extraordinarios en diferentes categorías. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu onte a catro destes estudantes para felicitalos polo seu esforzo e talento e entregarlles un agasarllo do Concello capitalino.

Os alumnos dos que Lores tivo a ocasión de ‘sacar peito’ veñen de ser galardoados cos premios extraordinarios ao Rendemento e ao Esforzo e Superación Persoal polo expediente académico acadado durante a ESO. O mandatario municipal felicitounos pola súa brillante traxectoria e explicoulles que eles son un exemplo a seguir para os estudantes do concello e a mocidade actual, «tan denostada no tempos que corren». Fernández Lores tamén lles encomendou a tarefa que continuar coa súa formación, «a ser posible en igual nivel», dado que son «o futuro deste país».

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios