PP y PSOE critican al BNG por los atascos y por los accesos a la ciudad

El desarrollo de la campaña, lo que dicen las encuestas, actuaciones urgentes, el tráfico, el hospital de Monte Carrasco, perspectivas de futuro... El debate celebrado ayer en Diario de Pontevedra permitió a los líderes de los tres principales partidos abarcar, durante más de una hora y cuarto, un amplio abanico de cuestiones municipales. Y también sirvió para corroborar las diferencias irreconciliables (tanto políticas como personales) entre Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) y Telmo Martín (PP). Pero a este particular ‘duelo al sol’ lerezano se sumó un convidado sorpresa. El socialista Antón Louro se asoció con Martín en sus críticas abiertas al tráfico en la ciudad, una postura que cogió a Lores con el pie cambiado y que indignó al alcalde, pues se sintió traicionado por el líder de un partido que en los últimos cuatro años ha sido su socio de Gobierno y, por extensión, corresponsable de las decisiones tomadas.

Que opinan do estado do tráfico na cidade?

Lores: Pontevedra ten problemas nas entradas e salidas, como todas as cidades dinámicas, pero non están relacionados coa peonalización, senón á falta de infraestruturas. Nestes momentos hai seis actuacións en marcha que mellorarán a situación, como O Pino, a ponte das Correntes, a ponte de Monte Porreiro, etc. Pero é imprescindible executar a ronda urbana, e como a Xunta non cumpre o seu compromiso, lle pedimos que aprobe o trazado para que poidamos executala nós.

Louro: Pontevedra ten un serio problema de tráfico. Alégrome de que o señor Lores así o recoñeza porque no anterior debate do Diario e o Ateneo o negou. Compre buscar unha solución técnica, que inclúa unha circunvalación, un periférico (similar ó de Santiago), o desdobramento da avenida de Vigo e unha rede de aparcadoiros situados estratéxicamente.

Martín: Xa está ben de seguir mareando a perdiz coa circunvalación. É unha necesidade que hai que resolver canto antes. Tampouco entendemos como se lle nega a Pontevedra unha estación intermodal soterrada e a Vigo se lle dan 250 millóns de euros para facer a súa. Débense mellorar os accesos, e aí entran o carril reversible na ponte da Barca e a peatonalización de Benito Corbal (dende Lepanto ata Cobián Roffignac) co cambio de dirección dalgunhas rúas. E hai que facer máis aparcadoiros disuasorios.

Cal será a súa primeira decisión se chega á Alcaldía?

Louro: O máis urxente é potenciar o diálogo. Eu convocaría ó Consello Económico e Social para facer un pacto social polo emprego, e reuniría ó Consello de Participación Cidadán. Tamén modernizaría a administración municipal, activaría unha mesa para impulsar e aprobar o PXOM e potenciaría as relacións con Deputación, Xunta e Goberno central.

Martín: O primeiro que imos facer é auditar o Concello. Hai que dicirlle ós pontevedreses como están as contas. Tamén aprobaremos o PXOM (nun prazo de 18 meses) e poremos en marcha o transporte urbano (con minibuses eléctricos) e o teletaxi compartido no rural. (Lores sonríe y cuestiona su eficacia). Vostede é unha persoa chapada á antigua, que non viaxa e por iso non o entende.

Lores: Intentaremos recuperar os consellos de participación cidadán que quixemos por en marcha no segundo mandato, pero que tumbaron o PP e o PSOE. Tamén imos traballar en plans específicos para cada parroquia e o rural (Louro le replica que ''despois de 12 anos, agora van descubrir o rural de Pontevedra''). Con respecto ó PXOM, volveremos a mandar a Santiago o documento consensuado hai ano e medio por tódalas forzas políticas e axentes sociais.

(Más información en nuestra edición impresa del 19 de mayo).

Comentarios