jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Revocan a sanción aplicada ao Concello por un verquido de formigón no Gafos

Peixes mortos atopados no río
Peixes mortos atopados no río

PONTEVEDRA. O Xulgado Contencioso nº 2 de Pontevedra acaba de dar a razón ao Concello, ao que exime de pagar a sanción de 13.500 euros que expediu Augas de Galicia polos verquidos de formigón detectados en 2009 no río dos Gafos.

Segundo explicou onte o voceiro do Goberno local, Raimundo González, os xuristas apoian a versión municipal de que os verquidos foron responsabilidade das empresas que realizaron a reforma da rotonda do Marco e o asentamento da ponte da Avenida da Estación ou, no seu caso, da propia Augas de Galicia por ser a contratante dos traballos executados hai tres anos.

Vaipolorío localiza máis dunha ducia de troitas mortas na zona urbana do río

O colectivo ecoloxista Vaipolorío localizou onte máis dunha ducia de troitas mortas no tramo urbano do río dos Gafos. «Contamos catorce en total», asegurou onte o presidente da asociación, Gonzalo Sancho, que asegura que a zona de afectación deste novo verquido na zona vai dende a área de obras do Nó do Pino ata a antiga Seat, na avenida de Vigo. «Estamos diante dun verquido máis. Pero nós seguiremos denunciado este tipo de problemas», comentou Sancho. Un equipo de Aquagest inspeccionou o pasado serán a zona afectada tralo aviso que Vaipolorío deu ós servizos de emerxencias do 112.

Consiga AQUÍ la información completa

Revocan a sanción aplicada ao Concello por un verquido de formigón...
Comentarios
ç