Río arriba

PON0212P12F5.JPG
photo_camera PON0212P12F5.JPG

Manuel Sendón e Fran Herbello montaron por primeira vez na súa piragua coa idea de explorar un cauce fluvial galego o 17 de maio de 2011. «Fixémolo en Ponteceso, un Día das Letras Galegas, a carón da casa de Eduardo Pondal e despois de tomar algo no Café Rosalía. O que son as cousas», comenta Sendón. Así naceu o proxecto ‘Mil ríos’, que os dous autores desenvolveron ata o 24 de maio deste ano, cando o deron por concluido. Un volume, que publica agora o Centro de Estudos Fotográficos (CEF), recompila o traballo que sacaron adiante durante estes tres anos: gráficas, bitácoras e 224 fotografías que documentan a súa exploración dos grandes cauces fluviais galegos, do Eo ao Miño pasando polo Lérez, o Verdugo e o Umia.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios