Rafael Louzán: ''Rueda aposta por Moreira? Iso deben decidilo os militantes''

Rafael Louzán Abal, no seu despacho do PP provincial.
photo_camera Rafael Louzán Abal, no seu despacho do PP provincial.

Repite mandato. Louzán o todopoderoso dirixe a Deputación e o PP provincial de Pontevedra co aval das maiorías ‘populares’ que os municipios do seu territorio colleitan en todas as eleccións.

recibe no despacho da sede do PP en Raíña Vitoria. Rafael Louzán Abal (Ribadumia, 1967) mantén o poder do seu partido e da Deputación desde os tempos de Fraga. Foise renovando todo na Coruña, Lugo e Ourense. Ata en Santiago chegou o bipartito e logo Feijóo. Mais sobrevive. E non ten canas.

Na súa primeira elección como presidente do PP chovía como hoxe.

28 de maio. Lémbroo como se fora hoxe. Pasaron doce anos.

Por que tanta memoria?

Porque cando volvía para a casa houbo un accidente na autopista. Eu fun testemuña. Chovía bastante. E cando o accidentado saíu do coche, veu outro coche e colleuno de novo. Colleuno coa porta cas pernas contra a estructura do coche. Eu o que fixen rapidamente foi parar para auxiliar a esta persoa e metela no meu.

(...........................)

Teñen enriba aos afectados polas preferentes.

É bo que se visualice o seu problema. Mais creo que os únicos que en certa maneira contribuímos a buscarlle solución a un problema que non creou o Partido Popular fomos nós. Primeiro creouse un tribunal de arbitraxe ex profeso para iso; laudos arbitrais, máis de quince mil familias ás que se lle devolveron todos os seus aforros, e polo tanto xa creo que se deron pasos importantes. A maiores, o presidente da Xunta acaba de dicir que se vai seguir coa arbitraxe en Galicia. E outra medida importantísima: que as accions van ser canxeables por diñeiro en efectivo, que creo que é fundamental. Vai a haber quita.

Váiselle devolver aos aforradores só a metade do seu diñeiro. Un éxito non é.

Pero sendo así, hai que partir de onde estabamos. Estes aforradores sufriron a maior estafa que eu lembre dende que teño uso de razón en Galicia. Polo tanto o PP, a pesar de non ter responsabilidade ningunha na venda de este produto e na estafa, está intentando poñer solucións a un gravísimo problema. E fomos os únicos, por iso eles saben e creo que entenden ben que somos os que podemos garantir en certa maneira esa cuestión. Estamos traballando con eles, somos os aliados independentemente de que haxa axitadores ou manipuladores.

(...........................)

A que hora se levanta?

Intento levantarme á hora que o fai a miña muller, sobre as seis e media da mañá. Tamén intento facer deporte.

Que fai?

Vou dúas ou tres veces á semana a camiñar. Ás veces sábado e domingo. Se podo, de feito, aproveito para pasear pola miña zona e saímos cando rompe o día e vexo algunhas obras, depende como teña o tempo.

Canto camiña?

A media está en oito ou dez quilómetro; incluso algúns días marchamos á mañá e volvemos á hora de comer. Caminar é unha cuestión que non require tanto esforzo como correr. Camiñar permite pensar, permite estar fisicamente ben. A mín pregúntanme qué fago para estar ásí, porque son unha persoa que ten apetito como o que máis. Ben, para iso hai que estar en plena forma e o que intento facer, ademáis de camiñar, é coller de vez en cando a bicicleta e ir pola mesma ruta, de 50 quilómetros. Son circuítos de cicloturistas que teñen un atractivo importante. Algunhas veces se vou a Lalín ou por aí, se teño tempo, camiñamos un pouco.

Cantas chamadas pode recibir ao longo do día?

No móbil 15 ou 20, no telefono fixo da Deputación outras 15 ou 20, e no presidencial unhas tres ou catro. Ás veces o que facemos é intentar filtrar porque ocupan unha chea de tempo, aínda que pareza que non. Hai persoas que poden atender algunhas cuestións, pero sei que aos cidadáns non lle gusta: queren falar co responsable, e eu teño unha máxima que cumprirei ata o día que poida.

Cal é?

Que a todo cidadán que me chame, eu devólvolle a chamada. Se non lle podo coller nese momento devolvereilla ó día seguinte, pero terá a miña chamada de volta.

(...........................)

O vindeiro ano hai eleccións municipais e Pontevedra está pendente dun congreso.

Agora mesmo están traballando con normalidade e a ‘savia’ nova creo que fixo un bo traballo. Houbo problemas como en calquera familia. Eu son consciente diso pero creo que grazas á boa vontade de todos puxéronse as cousas no seu sitio. Neste momento se está traballando con normalidade. Tamén hai cordialidade e haberá que, no momento oportuno, poñer en marcha a celebración dun congreso. Eu non podo dicir quén debe gañar porque creo que debo darlle participación á militancia. En Pontevedra sempre houbo moito movemento. Non sería a primeira vez que haxa un congreso con máis dunha lista.

(...........................)

Rueda aposta claramente por Moreira. Non parece que vostede tamén.

Deben decidilo os militantes. Quero esperar a ese momento. O partido ten que estar perfectamente engrasado para gañar a Alcaldía de Pontevedra. As eleccións xa as gañamos con Telmo, pero mentres non haxa unha modificación da Lei Electoral, a pesar de gañar non gobernamos. Ten que haber unha modificación da Lei para que iso sexa así.

Non me di nada de Moreira.

É que nese ámbito non teño máis que dicir. Jacobo non debería ter maiores problemas. As cousas hai que falalas con naturalidade e non se lle poden buscar 50.000 pés. Pero debe falar alto e claro a militancia de Pontevedra.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios