Santa María a Maior exalta á Santa Cruz

Os fregueses durante a procesión que percorreu onte O Campiño, Arcebispo Malvar, Mestre Mateo e avenida de Santa María (Foto: Rafa Fariña)
photo_camera Os fregueses durante a procesión que percorreu onte O Campiño, Arcebispo Malvar, Mestre Mateo e avenida de Santa María (Foto: Rafa Fariña)

PONTEVEDRA. A parroquia de Santa María a Maior inaugurou onte o seu curso pastoral 2013-2014 coa celebración duns actos enmarcados na programación adicada á exaltación da Santa Cruz. Os fregueses asistiron á misa que se oficiou na Real Basílica ás 20.00 horas e participaron na procesión que percorreu O Campiño, Arcebispo Malvar, Mestre Mateo e avenida de Santa María.

Deste xeito, a parroquia que dirixen 'in solidum' Calixto Cobo e Javier Porro súmase á celebración do aniversario da consagración do Santo Sepulcro de Jerusalén, que a Igrexa Católica celebra cada 14 de setembro para conmemorar a festa do triunfo ou da exaltación da Santa Cruz, "na que Xesús de Nazaret entregou a súa vida por amor", precisan os cregos.

Entre as iniciativas que desenvolverá a comunidade relixiosa de Santa María a Maior no último cuatrimestre de 2013 destaca o funeral que celebrará mañá luns a Confraría da Trinidade polo eterno descanso do anterior párroco, Jaime Vaamonde. O acto litúrxico se oficiará ás 11.00 horas na Real Basílica.

Ademais, ese mismo día abrirase o prazo de inscrición para participar na catequese (na Casa Parroquial, desde as 19.00 ata as 21.00 horas), na que participarán nenos e mozos de seis a 16 anos, a fin de preparar os sacramentos da comunión e da confirmación. Tamén se constituirá un grupo de catequese de adultos. A apertura oficial do curso terá lugar o vindeiro día 29, ás 11.00 horas.

Por outra banda, o arcipreste do Lérez, Vicente Cerdeiriña, presidirá o día 23 a primeira xuntanza interparroquial do novo curso, que se desenvolverá na parroquia de Santiago Peregrino do Burgo. No encontro, no que participarán os sacerdotes e os laicos do Arciprestazgo, esbozaranse os encontros prematrimoniais e a Semana da Familia do próximo año.

Ademais, a parroquia de Santa María a Maior recorda que os matrimonios que este ano cumpren os seus 25 ou 50 anos de casados celebrarán o 5 de outono as súas vodas de prata ou de ouro, respectivamente, nun acto que terá lugar ás 20.00 horas na Real Basílica.

Ese mesmo día terá lugar en Santiago a Asemblea anual diocesana, convocada polo arcebispo, Julián Barrio, para a presentación do Plan Pastoral aos relixiosos e segrares da Archidiócese.

Comentarios