Unha aportación solidaria para o coidado dos cans e gatos abandonados

'Ayúdanos para ayudarlos', baixo este lema a asociación protectora de animais de Pontevedra Adopciones Galicia realizou este sábado na Praza da Peregrina un 'rastrillo' solidario cuxos beneficios serán destinados a vacinar e esterilizar os cans abandoados que a asociación recolle. Ademais, dous cachorros que estaban baixo o coidado da organización teñen dende agora unha casa de acollida.

María del Carme de Saa, unha das organizadoras do evento manifesta que tras a primeira experiencia de facer un rastrillo ''estamos emocionados y entusiasmados por la respuesta que hemos recibido de los ciudadanos, mucha gente ha colaborado en la causa y los que no han comprado han hecho una aportación''.

O diñeiro que foi recaudado ao longo da xornada será destinado a sufragar os gastos que teñen do veterinario.

2 FOGARES

Ademáis de realizar o rastrillo, a asociación levou a dúas cadelas que atoparon no monte hai uns días para ver se lograban conseguirlle un fogar. A resposta dos cidadáns foi inmediata e antes de que acabara a mañá os dous cachorros atoparon unha casa de acollida, onde pasarán uns días de proba e logo posiblemente sexan adoptadas.

(Máis información na nosa edición impresa do 25 de setembro).

Comentarios