A Xunqueira de Alba dá o último paso para converterse no primeiro ENIL

As marismas serán declaradas Espazo Natural de Interese Local. david freire
photo_camera As marismas serán declaradas Espazo Natural de Interese Local. david freire

PONTEVEDRA. A Xunqueira de Alba xa está máis preto de converterse no primeiro Espazo Natural de Interese Local (ENIL) declarado pola Xunta de Galicia de forma definitiva.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a resolución da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependente da Consellería de Medio Ambiente, pola que se somete a información pública o decreto polo que se aproba o Plan de Conservación do ENIL Xunqueira de Alba.

Segundo consta na resolución, as alegacións formularanse nun prazo de 20 días a contar a partir de hoxe. Unha vez cumprido este periodo, a orde provisional de aprobación, datada en abril de 2011, será elevada ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios