"En la UVigo hace falta una revisión de pies a cabeza y cambiarlo todo"

O alumnado do campus, entre a ledicia e a decepción, valora os resultados electorais nunha xornada como outra calquera

Andrea e Laura, alumnas de Publicidade. OLGA FERNÁNDEZ
photo_camera Andrea e Laura, alumnas de Publicidade. OLGA FERNÁNDEZ

Están os que toman a peito os resultados electorais do luns e os que nin sequera foron votar por falta de desinformación ou interese. A participación do estudantado nos comicios á Reitoría foi tan só do 14%, aínda que case multiplicou por cinco a de hai catro anos.

Andrea e Laura, alumnas de 3º de Publicidade, atopábanse na mañá deste martes na Facultade de Ciencias Sociais á fronte da mesa na que venden merchandising co que recadar fondos para a celebración de Santa Kata, este mesmo xoves. Despois de participar nas eleccións admiten que "no estamos contentas con el resultado", xa que confiaban na victoria de Ideas que suman, que si venceu no seu centro, onde exerce como docente o candidato a revalidar o cargo de vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho. "El programa electoral me parecía mucho más interesante, pero si han ganado espero que aporten algo", apunta Laura sobre H2040 mentres a súa compañeira asente. Ademais, aseguran que a candidadura de Emilio Fernández "siempre apoyó más a las organizaciones estudiantiles".

Lamentan a escasa participación do alumnado nos comicios pese a que "la mayoría de las cosas son para nosotros", aínda que admiten que elas estaban máis informadas "por estar trabajando este tipo de temas en clase". Laura vai máis alá e critica que "al menos en esta facultad, el desinterés por cualquier tipo de tema fuera de las aulas es muy generalizado. Piensan que las elecciones no van con ellos, pero hay muchas cosas en los programas electorales que les incumben directamente". Aínda que non gañara a súa opción, amósanse optimistas. O enfoque de A universidade das persoas (H2040) "es muy plural y quieren que formemos parte activa de este tipo de organismos. Me alegra que ambos se centraran en eso, pero el tiempo dirá".

"Yo estoy un poco tristón, porque salió justo el que no quería", lamentou Javier, ás portas de Ciencias da Educación, facultade na que tampouco gañou o reitor electo e onde dá clase o novo vicerreitor, Jorge Soto. Este mozo está xunto a Juan, quen non se achegou ás urnas, como tampouco o fixo Judit. "Estábamos enterados de las elecciones, pero al final la gente se rajó". "Yo voté por las personas, porque los programas... Al final van a hacer todos lo mismo", engade Javier. Os catro coinciden en que na UVigo "hace falta una revisión de pies a cabeza y cambiarlo todo. Por eso hay que ir a votar, pero...", dice José Manuel. En Fisioterapia arrasó H2040. "Fun votar para que, polo menos, se vexa que estamos interesados en que se nos faga máis caso", explica Fran, alumno de 3º. "A Universidade pode ir a mellor".

Comentarios