O Salón do Libro abre as súas portas cunha chamada á revolución

Baobab estrea este domingo no evento a sua ultima montaxe, Mai Mai

Inauguración do Salón do Libro. RAFA FARIÑA
photo_camera Inauguración do Salón do Libro. RAFA FARIÑA

Soaron dende Grandola, Vila Morena, o tema de Zeca Afonso que se converteu no himno da Revolución dos caraveis en Portugal, ata Viva la vida, a canción de Coldplay sobre a caída de Luís XVI e o inicio da Revolución Francesa, no vixésimo aniversario do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Con esa banda sonora de fondo e chamando á revolución, que para algo é o lema deste ano, botou a andar a XX deste evento único en Galicia, que en 2019 ten á literatura lusófona como convidada.

"Rebeládevos!", animou Nee Barros dende o escenario, no final do espectáculo inaugural, que dirixiu Marcelo Dobode e no que participaron, á parte de Barros, Manuel Albariñas, o Coro do IES A Xunqueira I, o quinteto de metais do Conservatorio de Música Manuel Quiroga, Raquel Queizás e Pavís Pavós.

Entre a música e os contos, os presentadores (Barros e Albariñas) fixeron un repaso ás temáticas do Salón dende os seus inicios e foron convidando a subir a políticos e autoridades. 

Tralo acto inaugural, a mascota do Salón, o lobo Orbil, abriu oficialmente as portas das salas de exposicións. Centos de persoas participaron nesta apertura oficial do evento, que descobre os seus contidos. A partir de aí celebráronse as primeiras actividades deste ano: contacontos, obradoiros, presentacións e a estrea do novo espectáculo musical de Magín Blanco.

Este domingo continúan as propostas (www.salondolibro.gal). Entre elas destaca a estrea da nova obra de compañía Baobab, Mai Mai.

►Máis información na edición impresa de Diario de Pontevedra deste domingo◄

Comentarios