12 de novembro: xustiza, verdade e reparación

As medidas de seguridade sanitaria marcan a conmemoración da data na que en 1936 foron fusilados dez veciños na Caeira. Begoña Caamaño falou no nome das familias nun acto ao que non asistiu ningún representante do PP
RAFA PASARELA DO 12 DE NOVEMBRO: acto de homenaxe aos pontevedreses fusilados o 12 de novembro. Detalles do acto, participantes. Begona Caamano, Lores, Xaquin Moreda, concelleiros, asistentes, etc. PAXINA GRAFICA. TAMEN POSIBLE PRIMERA
photo_camera Homenaxe aos fusilados na Caeira en 1936. RAFA FARIÑA

Nomealos un a un. "Porque seguir pronunciando os seus nomes e apelidos, en voz alta e en público, mantén acesa a súa memoria", dixo o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, este xoves, na pasarela da rúa 12 de Novembro. Amancio Caamaño, médico. Telmo Bernárdez, médico. Luis Poza, médico. Paulo Novás, mestre. Germán Adrio, mestre. Benigno Rey, mestre. Ramiro Paz, editor. José Adrio, avogado. Víctor Casas, xornalista. Juan Rico, militar.

Pontevedra volveu honrar, como cada 12 de novembro dende hai máis de dúas décadas, a memoria dos dez veciños fusilados na Caeira nesta data no ano 1936. Fíxoo, como acostuma, da man do Concello, que organiza un acto de homenaxe e unha ofrenda floral ao pé da escultura de Sergio Portela que lembra aos dez pontevedreses.

RAFA PASARELA DO 12 DE NOVEMBRO: acto de homenaxe aos pontevedreses fusilados o 12 de novembro. Detalles do acto, participantes. Begona Caamano, Lores, Xaquin Moreda, concelleiros, asistentes, etc. PAXINA GRAFICA. TAMEN POSIBLE PRIMERAEste ano as medidas de seguridade sanitaria marcaron un evento ao que asistiron representantes das distintas familias, do BNG e do PSOE, incluídos parlamentarios autonómicos como Luís Bará ou Paloma Castro. Non asistiu ningún representante do PP. A cantante e compositora Cora Velasco interpretou tres temas (Lévame, Quen puidera namorala e Fisterra) na homenaxe, que se desenvolveu dentro dunha carpa con aforo limitado.

As intervencións correron a cargo do concelleiro de Memoria, Xaquín Moreda, que reclamou "xustiza, verdade e reparación" para as vítimas do franquismo; Begoña Caamaño, neta dun dos fusilados o 12 de novembro, Amancio Caamaño, que reflexionou sobre as consecuencias do exilio (eixe do Mes da Memoria deste ano en Pontevedra), sobre "la humillación y vejación" das que as máis das veces ía acompañado, e que tamén homenaxeou á súa familia; e o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que foi o encargado de pechar o acto.

O exilio, eixe do Mes da Memoria, centrou as intervencións dun evento no que actuou Cora Velasco e que se celebrou nunha carpa

RAFA PASARELA DO 12 DE NOVEMBRO: acto de homenaxe aos pontevedreses fusilados o 12 de novembro. Detalles do acto, participantes. Begona Caamano, Lores, Xaquin Moreda, concelleiros, asistentes, etc. PAXINA GRAFICA. TAMEN POSIBLE PRIMERA"Volvemos reivindicar a necesidade de revertir o esquecemento e a impunidade dos crimes cometidos durante a ditadura franquista e volvemos reclamar recoñecemento, xustiza e reparación para todas as vítimas e para as súas familias", indicou Lores.

"Esta conmemoración do 12 de novembro non é só un acto de lembranza do asasinato infame de dez pontevedreses por defender os valores da liberdade e da democracia, é a nosa declaración de principios a prol do recoñecemento de todas as persoas que padeceron persecución e violencia durante a guerra e a ditadura, e da nosa intención de manter sempre vivo o exemplo de dignidade e humanidade que nos legaron".

20 anos da rúa e do monolito
Aínda que en 1999, con Lores recén elixido alcalde, xa se fixo un acto de homenaxe no Teatro Principal aos fusilados o 12 de novembro, non foi ata o ano seguinte que quedou inaugurada a rúa que levaría esa data por nome. Tamén en 2000 instalouse nela un monolito co nome dos dez veciños asasinados na Caeira. Esa placa está hoxe aos pés da escultura de Sergio Portela, colocada en 2014.

Comentarios