120 quilos menos de lixo no Lérez

Sinais de tráfico ou plásticos son algúns residuos retirados nos obradoiros de sensibilización ambiental do Concello ► 36 pequenos 'varredores' percorreron o río en táboas de paddle-surf
Pequenos 'varrredores' do Lérez. A. LORENZO
photo_camera Pequenos 'varrredores' do Lérez. A. LORENZO

Os campamentos para a sensibilización medioambiental lograron reunir a 36 pequenos axudantes e 'varredores' en pequenos grupos de surfistas entre 6 e 12 anos que lograron recoller 120 quilos de lixo.

Entre os restos atopados había sinais de tráfico, valados de obras, a defensa dun vehículo ou ferramentas e aparellos de pesca. Os residuos clasificáronse por materiais, obtendo 20 quilos de metais, 40 quilos de plásticos recoñecibles (botellas, bolsas embalaxes, carteis...) e uns 60 quilos de materiais sen clasificar como cordas, máscaras ou teas.

 

Organización

A actividade foi levada a cabo por tres monitores, e  contou coa presenza concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, que subiu na táboa de "paddle-surf" coma un máis. Asegura que este ano "houbo un éxito de participación", o que significa que mantén "un alto grao de concienciación".

O edil explicou que obxectivo deste programa é dobre. Por unha banda "manter o noso río limpo" e por outra, "sensibilizar aos novos veciños" co medioambiente.

Noite dos morcegos
Vaipolorío promove este sábado a 'Noite dos Morcegos' na contorna do río Gafos. Será unha xornada de captura e estudo destes animais da man da Asociación Morcegos de Galicia. O obxectivo desta actividade é dar a conocer aos morcegos e desmitificar falsas lendas que se lles atribúen, así como escoitar os seus sons na natureza.

Comentarios