As 14 charlas de PonteEmprende 2020 poderán verse de novo desde o 'site' E-Ponte

Una persona trabaja con un portátil. EP
photo_camera Una persona trabaja con un portátil. EP

Unha nova plataforma, actualmente en construción e denominada E-Ponte, servirá para ofrecer en diferido as conferencias e webinar que se ofreceron con motivo do PonteEmprende 2020 e que contaron con 14 citas destacadas desde o mes de xullo ata a pasada semana.

O programa da Concellería de Promoción Económica contou con relatores que viñeron de áreas como o marketing dixital, o neuromarketig e intelixencia comercial, a intelixencia emocional, as finanzas, a asesoría de empresas ou a formación, tocando temas especialmente preparados para os emprendedores e comerciantes locais, coa fin de achandarlle o camiño que teñen agora por diante e axudar a facer os seus negocios mais competitivos e viables.

A programación adaptouse ao contexto da pandemia, e tamén os medios, de xeito que todas as charlas foron telemáticas.

A área que dirixe Yoya Blanco especifica que estas charlas despertaron tanto interese que mesmo tiveron emprendedores que as seguiron desde distintos puntos do mundo, de xeito que tamén houbo inscrito de países europeos como Francia, Portugal, Italia e Inglaterra; así como persoas desde EEUU, México, Republica Dominicana, El Salvador, Honduras, Nicaragua, Panamá, Venezuela, Colombia, Ecuador, Perú, Brasil, Chile, Paraguay, Argentina, Uruguay e mesmo unha española o fixo desde Corea do Sur.

Comentarios