viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

28 gatos á procura da familia ideal

O gato Monty está en adopción. CEDIDA
O gato Monty está en adopción. CEDIDA

O colectivo Difusión Felina recolleu ao longo do ano 175 exemplares nas rúas da cidade, dos cales 119 foron dados en adopción

A historia de Reina e Rey podería ser a de tantos outras mascotas que, logo de chegar a unha casa, son abandonadas na rúa debido á irresponsabilidade dos humanos. Ambos os dous foron recollidos en dúas ocasións da rúa, primeiro dunha colonia e, a segunda vez, tras ser abandonados polos seus adoptantes. Os seus son só dous dos 178 casos que Difusión Felina atendeu ao longo de 2017.

Os membros e colaboradores do colectivo de axuda aos gatos da rúa acolleron este ano máis de 200 exemplares, tendo en conta os 36 que xa formaban parte da familia de Difusión Felina a comezos de 2017. Deste xeito, tras entregar 119 animais en adopción, entre os falecementos dos gatos que estaban en peores condicións, os que foron devoltos ás colonias e os que volveron coa súa familia tras un extravío, na actualidade hai 28 gatos da asociación que buscan unha familia.

Fungui, un dos gatos en adopción. CEDIDA

Esta cifra está por enriba da de outros anos xa que os membros da entidade notaron un descenso no número de adopcións. "Hay mucha gente que quiere adoptar pero piensa en el típico gatito pequeñito y juguetón sin darse cuenta de que responsabilizarse de un gato adulto también es una opción", conta o presidente da asociación, Carlos Ferrer. Deste xeito, reivindica a adopción de gatos con necesidades especiais, que son os que máis precisan da atención dunha familia.

Para adoptar é preciso abonar unha cantidade simbólica de 20 euros no caso de gatos máis novos e 60 no dos adultos

Todos os gatos rescatados polo colectivo viven nas oito casas fixas coas que Difusión Felina conta como infraestrutura para levar a cabo o seu traballo. "Los hogares de acogida oscilan entre los diez y los siete, aunque durante el curso hay estudiantes que se prestan a tener en sus pisos algunos de nuestros gatos", explica Ferrer. Do mesmo xeito, Ferrer conta que hai casas nas que os voluntarios teñen ata oito exemplares en réxime de acollida.

Ademais de ser coidados e alimentados, os gatos reciben atención veterinaria e son esterilizados. Do mesmo xeito, realízanse probas de certas enfermidades propias da especie.

Minerva, unha das gatas de Difusión Felina. CEDIDA

ADOPCIÓN. Rescatar un dos exemplares acollidos polo voluntariado de Difusión Felina é doado. Só é preciso cubrir un cuestionario no que se explique en que condicións vivirá o animal no seu novo fogar e aboar unha cantidade en concepto de donativo para a asociación.

No caso dos gatos de menos de seis meses a contía é de 20 euros e, no dos adultos, de 60, xa que se entregan esterilizados. "Es una cantidad simbólica, ya que esterilizar a un gato cuesta unos 120 euros", indica o presidente do colectivo.

28 gatos á procura da familia ideal
Comentarios