lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

Máis de 400 prazas de balde para unha edición de 'Ponteverán' con actividades moi variadas

Alberto Oubiña. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Alberto Oubiña. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Natureza, xogos, tecnoloxía e formación para persoas de entre oito e 35 anos serán as propostas do programa para os catro vindeiros meses no Concello

Alberto Oubiña presentou este luns unha nova edición do programa de lecer para a mocidade do Concello de Pontevedra, Ponteverán. "Ofertamos un verán diferente disfrutando do propio, da cidade, promovendo a saúde, o deporte, o respecto ao medioambiente, centrándonoso no presente pero tamén no futuro ao incluír as novas tecnoloxías".

Plantexado baixo as temáticas de natureza, xogos, tecnoloxía e formación, ofertará 450 prazas (70 delas a través de Servizos Sociais) que, segundo a actividade, irán destinadas a público mozo de entre 8 e 35 anos.

Por primeira vez, tal e como sinalou o concelleiro, todas serán de balde polo que "se require un compromiso de asistencia e que quen se matricule, asista finalmente ao obradoiro".

Entre outras novidades do programa están os roteiros polo Almofrei, o roteiro para ver abelaíñas, o Escape Room e a Xornada de Orientación Deportiva ou o Campamento Music-Lab.

Segundo a data de celebración da actividade, o prazo de solicitude da mesma abrirase o 1 de xuño, o 1 de xullo ou o 1 de agosto en http://apuntate.pontevedra.gal e haberá listas de agarda destinadas público interesados doutros concellos ou fóra do grupo de idade ao que vai destinada orixinariamente a actividade.

Entre as propostas destaca a aula de natureza, actividades ambientais e lúdicas en contornas naturais e monumentais do municipio. Nenos e nenas terán a oportunidade de participar de actividades na natureza que aumentarán os seus coñecementos sobre o bosque, o mar, o río e a cidade.

Entre os roteiros pola contorna, destaca o da aldea do Salgueiral, para coñecemento do patrimonio cultural, natural e etnográfico a carón do río Almofrei. É unha actividade vivencial, en contacto directo coa natureza e guiada por monitorado especialista co que aprenderemos de maneira lúdica e divertida. Está incluído o servizo de autobús ata o lugar de actividade.

Outra proposta será unha saída nocturna polo ecosistema do río Gafos para fotografar e catalogar avelaíñas e outros insectos que se sintan atraídos pola luz, unha xornada compartida con especialistas no estudo destes mamíferos. Acompañarémolos na captura e estudo dos morcegos para desmitificar falsas lendas que se lles atribúen. Escoitarémolos a través de aparatos de ultrasóns.

A robótica ou a impresión 3D tamén están entre as temáticas preparadas para outras das actividades de Ponteverán.

Máis de 400 prazas de balde para unha edición de 'Ponteverán' con...
Comentarios
ç