sábado. 04.04.2020 |
El tiempo
sábado. 04.04.2020
El tiempo

Os 600 eventos do Pazo e o Principal sumaron máis de 240.000 visitas

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil volveu saldarse cun rotundo éxito. J.L.O.
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil volveu saldarse cun rotundo éxito. J.L.O.
Algúns espazos acolleron actividades practicamente todos os días de 2019

As actividades e eventos realizados no Pazo da Cultura e no Teatro Principal ao longo do ano 2019 contabilizaron un total de 243.968 visitas e 590 actividades, sumando tamén a Sala de Exposicións e o Recinto Feiral, segundo o balance feito público onte polo Goberno local. Se as estes eventos se lles engaden os incluídos nos programas de certames como o Salón Internacional do Libro, o Festival das Núbebes, o Culturgal ou as proxeccións do Festival Internacional de Cine Amal en Ruta, o número de actividades chega ó millar.

No eido cultural, no apartado de "música e lírica" os espazos do Teatro Principal e do Pazo acolleron 96 actividades e contabilizaron un total de 31.747 espectadores en ciclos como Voices, As Matinés do Principal ou Jazz no Principal, o concerto de Aninovo ou o espectáculo principal de Cantos na Maré.

No apartado de teatro e danza foron 75 as actuacións e e 20.313 as persoas asistentes a estes espectáculos. Destacan o ciclo de teatro familiar Domingos do Principal, o ciclo Ponteatro, o Festival das Núbebes e a Tempada de Teatro do Pazo da Cultura.

No ámbito do cinema as proxeccións ascenderon a 61 e os espectadores e espectadoras a 11.320, sumando as sesións do Cineclube, Amal en Ruta, o Flop e o Festival Internacional de Cine de Pontevedra Novos Cinemas.

Etiqueta Negra, Domingos do Principal, Núbebes, Debut, as murgas, Salón do Libro, Voices... a oferta do pasado ano foi ampla e variada

En canto ás exposicións, foron 31.859 as persoas que visitaron a mostra monográfica de Ana Juan, previa ao Salón do Libro, e as mostras Alba de Gloria e Diálogos na Pintura.

En festivais e certames, contabizáronse 31 eventos, entre os que destaca a Gala dos Premios Galegos da Música ou o Certame das Murgas. aniversario do salón. Mención especial merecen as actividades para escolares, nas que destaca o Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que acadou en 2019 a XX edición concentrando a 26.000 persoas ao redor dunha programación de 200 actividades. A esta cita súmanselle a oferta específica adicada a centros escolares incluída dentro dos ciclos Luns do Principal e Ponteatro.

No apartado de feiras e eventos deportivos, o Recinto Feiral acolleu as visitas de 117.924 persoas en citas como Etiqueta Negra, Edugal, Debut ou o Culturgal.

Por último, aos cursos e reunións celebradas no Pazo e no Teatro ao longo do ano asistiron 9.528 persoas, e a "congresos e xornadas" un total de 4.904.

O Concello lembra que a rendibilidade dos espazos deste organismo autónomo se avalían en termos de rendabildiade social. Neste sentido, salienta que practicamente todos os días do pasado ano algunha das instalacións do organismo autónomo do Pazo estivo en uso.

Os 600 eventos do Pazo e o Principal sumaron máis de 240.000 visitas
Comentarios