jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

A Anpa de Verducido denuncia a supresión dunha aula de educación infantil

Protesta das familias do EEI Verducido. GONZALO GARCÍA
Protesta das familias do EEI Verducido. GONZALO GARCÍA

Lamenta que a Xunta non cumpra a súa promesa de recuperar o persoal de anos anteriores

A Asociación de Nais e Pais da EEI de Verducido lamentou este mércores a decisión da Xunta de eliminar unha das aulas de educación infantil do centro ao prescindir dunha das profesoras titulares. 

Nun comunicado, a Anpa denuncia que con esta decisión, que a Consellería xustifica na baixada da matrícula para o vindeiro curso, "non só se deixa de atender a súa reivindicación de recuperar o persoal de anos anteriores", senón que se afonda nunha "perda de calidade". Mesmo apuntan á "ilegalidade" na que se situaría Educación no caso de que se ausente unha mestra, "pois unha soa teríase que facer cargo de máis de 30 alumnos de 3 a 8 anos".

Ante a eliminación dunha das profesoras e a unificación nunha soa aula de todos os nenos de 3 a 6 anos, a Anpa chama a participar este xoves ás 20.30 horas nunha cacerolada no centro educativo.

Explican que a directiva do Consello Escolar do Estado aconsella manter unidades de 8 alumnos nas escolas rurai e que no vindeiro curso, en educación infantil do centro, haberá 17 alumnos. "Máis que suficiente para manter as dúas aulas", engaden.

E enmarcan "a pequena baixada de matrícula" para o curso 19-20 no contexto do descenso da natalidade en xeral e en concreto no Concello de Pontevedra. 

A Anpa de Verducido denuncia a supresión dunha aula de educación...
Comentarios