A Peregrina comézase cantando

O venres 10 de agosto terá lugar unha nova edición dos Supercantos nas prazas da Ferrería, Curros Enríquez, escaleiras do Principal e praza da Leña

Un momento del ensayo de Supercantos, en la Casa Verde de Salcedo. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Un momento do ensaio de Supercantos, na Casa Verde de Salcedo. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Chega Supercantos, a quedada para empezar a Peregrina cantando. A concelleira de Festas, Carme da Silva, xunto con Luís Torres e Xaquín Maceda, do grupo Maravallada presentaron este mércores a segunda edición dos Supercantos e convidaron a todos e todas a sumarse á gran quedada para a que non é preciso saber cantar, tan só querer participar, gozar e ser protagonista activo da festa.

Ata 20 cancións, 4 ensaios, 3 sedes para ensaiar e 4 prazas do centro histórico para cantar. Datos que resume unha cita que chegou para quedarse e que é moito máis: é unha aposta pola música tradicional cantada, pola posta en valor do noso patrimonio,

As prazas da Ferrería, Curros Enríquez, as escaleiras do Teatro Principal e a praza da Leña serán o escenario dos Supercantos a partir das 21 horas. O cambio de escenario farase acompañado pola música de Treboada do Baixo Miño.

Terá a mesma estrutura do pasado ano. Ás 21 horas a cita será na praza da Ferraría; 45 minutos despois en Curros Enríquez; ás dez e media diante do Principal e ás once e cuarto na praza da Leña, onde rematará o percorrido. Cada unha das sesións serán dirixidas por Maravallada.

Este ano incorpórase á cita un sorteo dunha cea nun restaurante da cidade. Os folletos coas 20 cancións da quedada levan os números que entrarán na rifa.

Aínda que moitos participantes cantan sen ensaiar previamente, moitos deles teñen asistido aos ensaios que tiveron lugar desde abril en Campañó, no Gorgullón e na Casa Verde de Salcedo e tamén moitos son habituais dos Cantos de Taberna.

Comentarios