O barrio do Burgo estrea ponte

O alcade de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, salientou a peatonalización do viaducto e a súa dupla función "coma elemento de tránsito e punto de encontro entre veciños" ►A obra, de máis dun ano de duración, precisou dunha inversión total de dous millóns de euros

Despois de máis dun ano e medio de obras e unha inversión total de 2.057.917 euros, a emblemática ponte medieval do barrio do Burgo estreou este martes a súa cara máis moderna. Os seus once arcos de medio punto, testigos da historia da vida social pontevedresa durante máis de 800 anos, engalanáronse, por primeira vez, coas cores do arco da vella, consignándose a metáfora dunha aperta entre a historia das pedras máis antigas e a luz do futuro que achegan os tempos actuais.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que estivo presente no acto de inauguración, salientou nun discurso "o tributo e a homenaxe que supuxeron as obras de mellora para a preservación dun dos emblemas fundamentais da identidade dos pontevedreses e das pontevedresas", así como "a relevancia da peatonalización da ponte", reivindicando os espazos públicos para ás persoas.

Miguel Anxo Fernández Lores durante a inauguración da nova ponte do Burgo. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Os actos da inauguración espallada comezaron ás 19.00 horas cos roteiros infantís que o Concello organizou no entroque de divulgar a historia e a riqueza patrimonial do viaducto. Ás 22:00, e xa coa presencia do alcalde, foi o turno dos adultos que, guiados por un historiador especialista, descubriron os segredos do nacemento da infraestructura romana. Estas rutas volverán repetirse os próximos días 12, 19 e 26 de agosto, pero con prazas xa completas; pois, por mor da pandemia e ante o risco de aglomeracións, só se habilitaron 21 pases.

Ao remate dos roteiros, concretamente, as 22.30 horas, procedeuse ao acendido do alumeado monumental da ponte, e, as 23.00 horas, completouse coas luces ornamentais de cores que permanceron acendidas en torno a un minuto.

Iluminación del nuevo puente de O Burgo. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Finalmente, o acendido acompañouse da actuación musical do cuarteto de corda da Orquesta Filharmónica Ciudad de Pontevedra, que interpretaron as pezas La primavera y El verano de Vivaldi.

A Orquesta Filharmónica de Pontevedra durante a inauguración da nova ponte do Burgo. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Tanto o alumeado como a actuación musical puideron seguirse dende ambas marxes do río Lérez, entre a Ponte de Santiago e a Ponte das Correntes, o que equivale a un espazo de 1,5 quilómetros e que permitiu gardar correctamente as distancias sociais e manter as medidas de seguridade.

Os acendidos, tanto monumentais coma ornamentais, repetiranse cada día, as 23.00 da noite, e durante un tempo total de un minuto.

O alcalde, Fernádez Lores, cerrou o acto aludindo "ó relato emocional que simboliza a ponte do Burgo dunha Pontevedra que sempre mantivo o seu carácter de cidade hospitalaria, xenerosa e acolledora, e que, nas últimas décadas, incorpora tamén o ideal de referente en mobilidade e deseño urbano a nivel mundial".

Y además... Así foi a transformación

Un momento da inauguración da nova ponte do Burgo. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A historia da ponte de O Burgo ven de lonxe, porque xa existía na Idade Media e era, e é, paso obrigado do Camiño de Santiago Portugués. No século XVI a ponte tiña dúas torres defensivas, unha a cada lado do río, das cales unha foi derribada en 1719, e no centro do miso lucía un antigo cruceiro.

A primeira gran reforma do viaduto acometéuse no 1886, baixo a dirección do enxeñeiro zamorano Prudencio Guadalfajara, para a súa reparación e enganche, precisándose da expropiación de varias vivendas.

Xa no ano 1953 realizouse a súa última, ata o de agora, restauración. Modificouse, entón, a conducción da auga e reforzouse a cámara de chaves, á vez que se ensanchaba a ponte. As emblemáticas vieiras dos arcos de medio punto foron encargadas a Raymundo Vázquez e colocadas tamén ese mesmo ano.

Na actualidade, os traballos de mellora consistiron na definitiva e total humanización da ponte, concedéndolles aos peóns todo o protagonismo. A reforma acometou a mellora do entronque da ponte de O Burgo coa Rúa da Santiña, o incremento das zoas axardinadas e a dotación de mobiliario urbano. Ademais, cambiouse a baranda de ferro por una máis moderna de acero e procedeuse á colocación do novo alumeado público.