A rúa Xosé Malvar quedará aberta ao tráfico o 28-A malia o campionato de tríatlon

Concello de Pontevedra e as Federacións acordaron os cambios nas probas do campionato Multisport afectados pola convocatoria electoral

Los mundiales Multisport tienen que modificar su recorrido por las elecciones. DP
photo_camera Los mundiales Multisport tienen que modificar su recorrido por las elecciones. DP

O Concello de Pontevedra e as Federacións de Tríatlon xa teñen consensuados os cambios dos circuítos das probas dos campionatos do mundo Multisport que se vían afectados pola convocatoria electoral do domingo 28 de abril.

O campionato desenvolverase entre o 26 de abril e o 4 de maio na Boa Vila. Segundo a concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, o que se buscaba era que afectase o menos posible ás probas deportivas e á mobilidade na cidade durante a xornada electoral.

O acordo foi retirar todas as probas fixadas o domingo agás o dúatlon paraolímpico e o dúatlon junior (feminino e masculino). A outra proba que estaba fixada para o domingo, o dúatlon grupos standar pásase para o sábado pola mañá. Ademais, anúlanse as probas do relevo mixto de elite e junior.

Na xornada do domingo os percorridos serán pola mañá (as horas aínda están por concretar pola Federación Internacional) e sinxelos, xa que o obxectivo é tratar de garantir a asistencia ás mesas electorais. Os percorridos en bici serán, basicamente, de Tafisa á ponte das Palabras - Mosteiro de Lérez e Tafisa. O percorrido a pé será por Tafisa - Avenida de Bos Aires. Os veciños de Monte Porreiro, neste caso, entrarán e sairán polos Campos.

Cambios na meta e a saída
Outro dos cambios foi evitar o peche da rúa Xosé Malvar na xornada electoral. Dado que o punto neurálxico do campionato se atopa no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), onde está a saída e a meta das probas, e obriga a pechar o último tramo de Xosé Malvar, polo que pasan á hora 4.000 vehículos, acordouse trasladar ese punto de meta e saída ás inmediacións de Tafisa, tanto o domingo 28 de abril como as probas do 30 de abril e do 2 de maio.

Pechar a rúa Xosé Malvar, en xornada laboral, obrigaría a sobrecargar a rúa Eduardo Pondal, pola que pasan cada hora 4.000 vehículos. Outro dos puntos quentes das probas será a N-550 na xornada do sábado, 27 de abril, pola tarde, aínda que está previsto que haxa unha fiestra dun par de horas para dar servizo ás vivendas e establecementos comerciais da zona.

Comentarios