'A Vida é movernos' volve cun obradoiro de xedrez na Alameda

A concellería de Deportes, en colaboración coa Escola de Xedrez de Pontevedra ofrecerán actividades con mestres desta disciplina entre o 9 e o 10 de abril
Un tablero de ajedrez.DP
photo_camera Un taboleiro de xedrez.DP

O programa municipal A Vida é Movernos, impulsado pola concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde, regresará a segunda fin de semana de abril cun Obradoiro de Xadrez organizado en colaboración coa Escola Xadrez Pontevedra. O taller está orientado aos niveis de iniciación e intermedio e ten os obxectivos de ensinar o movemento das pezas e as normas básicas do xogo, amosar e fomentar as múltiples habilidades que ofrece e, sobre todo, de que os participantes desfruten xogando.

Celebrarase na Alameda de Pontevedra e estará coordinado por monitores da Escola. O obradoiro impartíndose a entre 15 e 20 persoas de xeito simultáneo. A actividade desenvolverase o sábado 9 de abril en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas e o domingo 10 de abril entre as 10:00 e as 13:00 horas

Tal e como avanza o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, "a Escola Xadrez Pontevedra conta cun equipo de cualificados adestradores, pedagogos e mestres con titulación autonómica, nacional e internacional, cunha ampla experiencia no sector, e desenvolveu os seus propios manuais de ensino. A crenza de que aprender a xogar ao xadrez é moi difícil é totalmente equivocada. As regras son claras e sinxelas e poden aprenderse xogando e gozando desde o principio. Trátase dun mundo máxico, cheo de historia, cultura, arte e fantasía, que atrapa desde o primeiro instante", subliña o edil do PSOE.

Cartel Xadrez A Vida é Movernos
Cartel Xadrez A Vida é Movernos

 

Os mestres que impartirán o curso serán Daniel Rivera Kuzauka, mestre Internacional de Xadrez , FIDE Trainer e seleccionador do equipo olímpico de Uruguai; Pablo García Castro, mestre Internacional de Xadrez, FIDE Trainer e licenciado en Ciencias do Deporte; Alba Piay García, monitora autonómica de Xadrez e licenciada en Psicopedagoxía; David Fernández Lago, FIDE Instructor e monitor de tempo libre; e Miguel Palacios González, monitor autonómico de Xadrez e monitor de tempo libre.

Todas aquelas persoas que desexen participar deberán inscribirse previamente a través do email [email protected].