viernes. 23.07.2021 |
El tiempo
viernes. 23.07.2021
El tiempo

Abanca e Afundación entregan máis de 2.300 xoguetes a entidades sociais

Un momento da entrega dos xoguetes realizada en Afundación de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Un momento da entrega dos xoguetes realizada en Afundación de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Pontevedra é unha das doce cidades onde se desenvolve a campaña 'Debuxar sorrisos'

Abanca e Afundación entregaron este martes un lote de 2.334 xoguetes a Cáritas, Cruz Vermella, Asociación Dignidad Galicia e Fundación Madrina. Estas organizacións sociais encargaranse agora de repartilos entre familias que están a vivir momentos complicados de doce localidades diferentes de Galicia, León, Asturias, Estremadura e Madrid nas que o banco conta cunha presenza significativa.

Cáritas realizará a distribución dos agasallos en Pontevedra, A Coruña, Santiago, e Ourense, mentres que Cruz Vermella fará a repartición en Vigo, Lugo, León, Ponferrada, Oviedo e Badaxoz. En Ferrol será a Asociación Dignidad Galicia quen entregue os xoguetes aos fogares que están a atravesar dificultades e en Madrid ocuparase desta tarefa a Fundación Madrina.

Os agasallos foron adquiridos polo banco e a súa Obra Social con parte das doazóns realizadas polos seus empregados e clientes, así como por outras empresas e persoas interesadas en colaborar, no marco da campaña solidaria do Nadal Debuxar sorrisos, ás que despois se sumou unha achega institucional co obxectivo de que o maior número posible de nenos e nenas poidan recibir unha sorpresa o Día de Reis.

A outra parte das doazóns recibidas no marco da campaña solidaria destinarase á adquisición de produtos de alimentación para a Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír a paliar as necesidades básicas daquelas familias que se viron especialmente afectadas pola crise económica que provocou a pandemia da covid-19.

Debuxar sorrisos é unha das accións solidarias postas en marcha por Abanca e Afundación este Nadal, entre as que tamén destaca o programa de apoio social Cubertos Nadal, que inclúe a repartición de 16.500 menús para menores vulnerables e as súas familias durante o período das vacacións escolares.

Abanca e Afundación entregan máis de 2.300 xoguetes a entidades...
Comentarios
ç