Aberta a exposición polo centenario da Misión Biolóxica de Galicia

A mostra conta con catro cubos que amosan o pasado, futuro e presente do centro
Peón, Cartea, Lores e Larriba.DP
photo_camera Peón, Cartea, Lores e Larriba.DP

A exposición do centenario da Misión Biolóxica de Galicia (MBG) xa pode ser visitada no paseo de Antonio Odriozola, ao carón da Praza da Ferrería, logo da súa presentación esta mesma semana.

A mostra que recolle o pasado, o presente e o futuro do centro de investigación situado en Salcedo, co obxectivo de achegar o traballo e as persoas que alí traballan ata os veciños de Pontevedra.

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto coa directora da MBG, Elena Cartea, e a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, estivo presente na inauguración da mostra e participou na breve visita guiada que realizou por ela Pedro Peón, encargado da mesma e vicedirector técnico de internacionalización, transferencia e difusión da MBG.

Os tres cubos que conforman a exposición presentan fotografías, ilustracións e breves cadros de texto con información, amais de códigos QR que permiten afondar aínda máis na realidade da Misión Biolóxica de Galicia e a súa importancia dentro do eido da investigación e o sector primario galego e estatal.

Fernández Lores quixo facer fincapé de novo, durante a súa intervención, na relevancia da MBG dentro da cidade. Un centro de investigación descoñecido por moitos veciños, mais que da cabida a máis de 80 persoas, logrando avances significativos que de seguro permitirán logros para o sector primario galego.

Os tres cubos dividen a información en tres trazos ou épocas concretas: O pasado, un pequeno resumo desde o nacemento da MBG até case a actualidade, unha evolución e percorrido histórico. E o futuro, cos desafíos que aparecen no horizonte da MBG, como as preocupacións pola biodiversidade xenética en xeral e mesmo algúns dos obxectivos de desenvolvemento sostible redactados pola Onu.