O estanque das Palmeiras quedou aberto este venres para goce de nenos e maiores.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado polo concelleiro de Parques e Xardíns, Alberto Oubiña, achegouse ao lugar para ver o resultado dos traballos, que incluíron a renovación dos circuítos da auga, coa inclusión de dous chafarís no interior; a limpeza e mellora do vaso con gresilla e a ampliación da estancia dos parrulos. Tamén se puxeron plantas acuáticas e iluminación led. Ademais arranxouse a contorna do estanque, chea de raíces que levantaran o camiño e as beirarrúas.
"Recuperamos o histórico estanque das Palmeiras, coas súas rás, e o pombal. É unha intervención economicamente non moi custosa e que queda estéticamente bonita", sinalaba Fernández Lores.
A historia do estanque e a historia persoal e familiar de tantos pontevedreses e pontevedresas neste espazo emblemático quedará reflectida nunha exposición fotográfica que se vai a desenvolver no mes de setembro. A mostra contará con máis de 200 imaxes aportadas por veciños e veciñas de Pontevedra.
Aberto ao público o estanque das Palmeiras
Fernández Lores explicou que foi "unha intervención economicamente non moi custosa e que queda estéticamente bonita"
