Lunes. 25.03.2019 |
El tiempo
Lunes. 25.03.2019
El tiempo

Aberto o prazo de achegas para elaborar o estatuto do organismo autónomo do Museo

Museo de Pontevedra. DAVID FREIRE
Museo de Pontevedra. DAVID FREIRE

O formulario permanecerá activo na páxina web da Deputación ata o 15 de abril

A Deputación de Pontevedra vén de activar na súa páxina web o xa anunciado formulario para recoller e canalizar todas as achegas cidadáns para a elaboración do estatuto para a creación dun organismo autónomo que regule o Museo de Pontevedra.

O formulario permanecerá activo ata o 15 de abril. Desde o entre provincial explícase que a necesidade e oportunidade da aprobación deste regulamento, está asociada ao procedemento de selección dunha persoa para ocupar o cargo de dirección en base a un cargo de dirección xeral, xunto coa consolidación nos orzamentos para o 2019 dunha praza de dirección de xestión por parte dunha funcionaria da casa, o que abre un novo horizonte para a reestruturación do funcionamento do Museo de Pontevedra.

Paralelamente, desde a Deputación tamén se vai realizar un traballo de difusión sobre este proceso participativo e enviaranse comunicacións a diferentes entidades e persoas particulares para convidalas a realizar as achegas que consideren oportunas.

Así, nesta listaxe inclúense as tres Universidades galegas, ou entidades de gran relevancia a nivel cultural como son a Real Academia Galega, a Real Academia Galega das Artes, o Consello da Cultura Galega, ou a Academia Galega do Audiovisual.

Tamén se enviará comunicación ás principais Fundacións tanto provinciais como de todo o país, como son a Fundación Laxeiro, Fundación Valle-Inclán, Fundación Alejandro de la Sota, Fundación Pedro Barrié de la Maza, Fundación Rosalía de Castro, Fundación Carlos Casares, ou Fundación Manolo Paz, entre outras.

Inclúense outros colectivos culturais representativos como o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, o Colexio de Arquitectos, a Asociación Galega de Editoras, ou a Asociación Galega de Fotografía. A nivel particular, enviarase comunicación ás persoas relacionadas coa xestión cultural e cos estudos artísticos que teñan mantido colaboración co Museo nos últimos anos, como poden ser comisarios e comisarias, coordinadores e coordinadores de propostas expositivas, e conferenciantes.

Aberto o prazo de achegas para elaborar o estatuto do organismo...
Comentarios