Aberto o prazo para comunicar as fogueiras de San Xoán de particulares

A comunicación ante o Concello pode ser a través da web ou presencialmente na Policía Local
Un joven salta una hoguera en la celebración de San Juan del pasado año. GONZALO GARCÍA
photo_camera Un mozo salta unha cacharela no San Xoán do ano pasado. GONZALO GARCÍA

O Concello de Pontevedra abriu este luns o prazo para que os particulares que queiran facer unha fogueira no San Xoán poidan presentar a súa comunicación ante a administración. As vías de presentación serán a través da sede electrónica (sede.pontevedra.gal) ou ben presencialmente na Policía Local.

O prazo para presentar esta comunicación será ata este venres, 19 de xuño.

A diferencia de anos anteriores, o Concello non autoriza fogueiras comunitarias que empreguen o espazo público ao entender que "non é o momento sanitario máis acaído e porque tampouco se poden garantir as medidas sanitarias e de seguridade habituais destas celebracións".

Ao respecto dos particulares, o Concello manten os protocolos de anos anteriores sobre a seguridade, pero tamén esixirá que se garantan as medidas sanitarias fixadas pola Xunta de Galicia.

Comentarios