Aberto o prazo para presentar candidaturas aos Premios Cidade de Pontevedra

As propostas poden entregarse no Rexistro do Concello ata o 5 de xaneiro

Premiados e autoridades na anterior edición dos premios Cidade de Pontevedra. ARQUIVO
photo_camera Premiados e autoridades na anterior edición dos premios Cidade de Pontevedra. ARQUIVO

As persoas e colectivos interesados poden presentar xa candidaturas aos Premios Cidade de Pontevedra. O prazo para facelo está aberto desde este martes e prolongarase un mes, ata o próximo 5 de xaneiro, segundo informou o Concello.

As propostas, que se deben entregar no rexistro do Concello, teñen que ir acompañadas dunha memoria xustificativa que explique os méritos do designado para optar aos galardóns.

Os premios Cidade de Pontevedra teñen dúas modalidades: persoa física e xurídica. O xurado valorará o labor desenvolvido polos candidatos, sobre todo, ao longo do último ano e "a proxección de Pontevedra e dos seus habitantes derivada deste traballo".

Os galardóns entregaranse nun pleno extraordinario o 20 de xaneiro, día de San Sebastián, patrón da Boa Vila.

Comentarios