Aberto o prazo de solicitude para as actividades do programa Apego

Pontevedra conta na actualidade con 342 familias inscritas nesta iniciativa
Unha das actividades do programa Apego. GONZALO GARCÍA
photo_camera Unha das actividades do programa Apego nun ano anterior. GONZALO GARCÍA

As 342 familias de Pontevedra inscritas no programa Apego veñen de recibir unha comunicación sobre a apertura do prazo para participar nas actividades programadas para este ano. Como en edicións anteriores, todas as actividades son de balde pero con prazas limitadas polo que é preciso realizar a pertinente inscrición antes do vindeiro 7 de abril a través da páxina web apuntate.pontevedra.gal.

O progama Apego, impulsado pola Concellaría de Normalización Lingüística xestionada por Alberto Oubiña, pon en marcha unha nova quenda de actividades dentro deste programa, co obxecto de ofertar actividades educativas e de lecer ás familias que xa teñen fillos e fillas ata 6 anos ou que están agardando un novo membro, para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial.

Ademais das familias xa inscritas, as que aínda non fagan parte do programa pero dexesen inscribirse poden solicitar unha cita na web www.apego.gal.

ACTIVIDADES

CAPTURAA

Comentarios