Aberto o proceso de selección de persoal para o programa ‘TrOpos’

A Deputación contratará dúas persoas ► O prazo de presentación de solicitudes remata o 24 de novembro
Diputación provincial. DP
photo_camera Deputación provincial. DP

A Deputación xa ten aberto o proceso de selección de persoal para o programa TrOpos, unha iniciativa que pretende revolucionar e mellorar os procesos selectivos e oposicións nas administracións locais para conseguir que as persoas que consiguen unha praza na función pública sexan na teoría, e tamén na práctica, as máis acaídas para o seu posto.

O prazo para presentar as solicitudes finaliza en dez días hábiles contando dende o mércores, é dicir, o vindeiro 24 de novembro. As bases especifican que a Deputación busca contratar dúas persoas funcionarias no posto de técnico especialista en Recursos Humanos, integrado no grupo A1, que estarán adscritas funcionalmente ao Servizo de Recursos Humanos e Formación da Administracion provincial.

Comentarios